Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42362

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (157/2015).

Execución de títulos xudiciais 157/2015

Demandante: María Díaz Otero

Demandada: Helice Sousa Fernández

Cédula de citación.

Órgano xudicial que ordena citar: Xulgado do Social número 3

Asunto en que se acorda: execución de títulos xudiciais 157/2015

Persoa que se cita: Helice Sousa Fernández, en calidade de executado

Obxecto da citación: celebrar a comparecencia previda no artigo 238 da LRXS

Lugar en que debe comparecer: na sede deste órgano xudicial, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707, o próximo día 23 de novembro de 2015, ás 9.45 horas. Deberá comparecer coas probas de que se intente valer.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do executado, debidamente citado, non impedirá a celebración da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que se intente valer (artigo 82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio ás persoas xurídicas practicarase con aqueles que legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º da LAC). Fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberá comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión da comparecencia.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

A secretaria xudicial