Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2015/119-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Hijos de Rivera, S.A.

Domicilio social: rúa José María Rivera Corral, 6, polígono A Grela, 15008 A Coruña.

Denominación: CS, CM, LMTS, novo trafo de 2.000 kVA no CT existente.

Situación: polígono A Grela. José Mª Rivera Corral, 6.

Características técnicas: CS e medida: zona de compañía: dúas celas de entrada/saída, unha cela de seccionamento da subministración do abonado; zona do abonado: cela de remonte, cela de seccionamento, cela de protección xeral, cela de medida, 2 celas de saída e 1 para a subministración das actuais instalacións. LMTS para interconexión coas instalacións existentes: RHZ1-2OL 12/20 kV+H16 1×240 Al-40 m. Novo transformador seco no CT existente de 2.000 kVA, 15 kV/400 V TRIHAL, Dyn11, ventilación forzada.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute no prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 23 de xullo de 2015

P.A. (Decreto 116/2014, do 11 de setembro; DOG núm. 183, do 25.9.2014)
Mª Mar Ferreiro Broz
Xefa do Servizo de Administración Industrial da Coruña