Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2015/139-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: M. C. Mesía.

Domicilio social: rúa Campo, 2, 15685 Mesía-Ordes.

Denominación: CS, CM e CT de 1.250 kVA nave fabricación produtos carpintaría.

Situación: parque empresarial Ordes, parcelas 86-87-88.

Características técnicas: centro de seccionamento composto por cela RM6 3L de Schneider Eléctric con tres funcións de liña con interruptor e telemando.

Centro de transformación composto por unidade modelo GIM de Schneider Electric de paso de barras, cela de interruptor para entrada de liña SM6 de Merlin Gerin, cela de protección, cela de medida Schneider Eléctric gama SM6 e transformador de 1.250 kVA de potencia nominal, 15.000/420 V, grupo de conexión Dyn11, refrixeración natural.

Conexión entre cela de seccionamento de compañía con cela de entrada de liña de abonado por medio de liña de 3×(1×150) mm2 Al RHZ1-H16 12/20 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute no prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuizo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 18 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña