Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41384

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 235/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 235/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alba Varela Argibay contra a empresa Acsa Administración de Fincas, S.L., sobre despedimento, foi ditada sentenza con data 27.7.2015 coa seguinte parte dispositiva:

Estimo a demanda interposta por Alba Varela Argibay contra a empresa Acsa Administración de Fincas, S.L. e declaro improcedente o despedimento da traballadora demandante e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a readmitila nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios deixados de percibir ou, á súa escolla, o dunha indemnización de 13.041,62 euros (salvo erro aritmético); salario diario 43,36 euros).

A opción deberase exercer mediante escrito ou comparecencia na secretaría deste xulgado do social dentro do prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, en espera da súa firmeza. No suposto de non optar pola readmisión ou a indemnización, entenderase que procede a primeira.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza. Coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a recorrente debe consignar a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co número 5081, especificando a clave 65 ao se tratar dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable demostrar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

E para que sirva de notificación en legal forma a Acsa Administración de Fincas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de outubro de 2015

A secretaria xudicial