Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41383

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (ETX 177/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 177/2015

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 107/2015

Sobre despedimento

Demandante: Rachid Ait Ahmad

Demandada: Loybo Vilar, S.L.

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 177/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rachid Ait Ahmad contra Loybo Vilar, S.L. sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Rachid Ait Ahmad coa empresa Loybo Vilar, S.L. e condénase a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome do traballador: Rachid Ait Ahmad.

Indemnización: 979,99 euros (novecentos setenta e nove euros con noventa e nove céntimos).

Salarios: 8.790,48 euros (oito mil setecentos noventa euros con corenta e oito céntimos).

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa executada Loybo Vilar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 30 de setembro de 2015

O secretario xudicial