Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41382

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (835/2012).

Eu, Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 en substitución do secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 835/2012 por instancia da empresa Frigoríficos de Camariñas, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Comunidade Hereditaria de María Sandra Alba Sainz e a empresa Nalco Española, S.A., sobre recarga prestacións, nos cales se ditou sentenza o 30.9.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Desestímase a demanda formulada por Frigoríficos de Camariñas, S.L. fronte á Comunidade Hereditaria de María Sandra Alba Sainz, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Nalco Española, S.A., e non procede deixar sen efecto a resolución impugnada.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Nalco Española, S.A., expido e asino a presente.

A Coruña, 6 de outubro de 2015

O secretario xudicial