Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41381

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (274/2015).

Declaración de falecemento: 274/2015

Procedemento de orixe:

Sobre declaración de falecemento

Demandante: Iago Blanco Vilaso

Procuradora: María Soledad Sánchez Silva

Avogado: Pedro Trepat Silva

Eu, Inmaculada Pulido Domínguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira, fago saber que neste órgano xudicial e co número 274/2015 se segue por instancia de Iago Blanco Vilaso expediente para a declaración de falecemento do seu pai, Santiago Blanco Treus, natural de Santiago de Compostela, veciño de Boiro, de 47 anos de idade, quen embarcou como mariñeiro, xunto con outras dúas persoas na embarcación Paquito II, que partiu do porto de Cabo de Cruz, Boiro, o día 16 de decembro de 2014, con destino ao porto de Muros. Fronte á costa de Corrubedo, aproximadamente dúas horas despois de partir, a embarcación Paquito II naufragou e afundiuse sen que actualmente se saiban as causas. A pesar da intensa busca realizada polos servizos de Salvamento Marítimo, Santiago Blanco Treus non apareceu.

O que se fai público para que os que teñan noticias da súa existencia poidan poñelos en coñecemento do tribunal e ser oídos.

Ribeira, 30 de xuño de 2015

A secretaria xudicial