Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41379

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

EDICTO (300/2014).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo extracto é o seguinte:

«Sentenza: 63/2015.

En Ponteareas, 5 de xuño de 2015.

Vistos por Joaquín Yebra Pimentel Álvarez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, os presentes autos de procedemento ordinario número 300/2014, sendo demandante Nova Galicia Banco, S.A., representada polo procurador José Antonio Fandiño Carnero, e asistida polo letrado José Manuel Pampín García, e demandados Vanesa Jesús Sousa, declarada en rebeldía, e Juan Blanco Pérez, representado polo procurador Francisco Zuñiga Caballero, e asistido polo letrado Francisco Davila Solla.

Decido:

Que estimando integramente a demanda formulada polo procurador José Antonio Fandiño Carnero, en nome e representación de NCG Banco, contra Vanesa Jesús Sousa, declarada en rebeldía, e Juan Blanco Pérez, representado polo procurador Francisco Zuñiga Caballero, debo condenar e condeno os demandados a pagar á parte demandante a cantidade de 17.495,94 euros, debendo descontarse desta os 1.850 euros pagados unha vez producido o peche de conta polo codemandado, máis os xuros moratorios pactados e procesuais previdos no fundamento xurídico terceiro. As custas procesuais serán por conta dos demandados.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra esta poden interpoñer neste xulgado recurso de apelación no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da súa notificación, do cal coñecería, se é o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Vanesa Jesús Sousa, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación da sentenza con data do 5.6.2015.

En Ponteareas, 24 de setembro de 2015