Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41378

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1648/2015).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza de Bazarra Varela, letrada da Administración Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento recurso de suplicación 1648/2015 desta sección, seguido por instancia de Securitas Seguridad España, S.A. sobre despedimento disciplinario, se ditou con data de hoxe a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza M. Socorro Bazarra Varela.

Na Coruña, 6 de outubro de 2015.

Emprácese a M. Carmen Pena Moradeira co obxecto de que compareza por escrito de letrado ante a sala do social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegue copias do devandito escrito e designe un domicilio para notificacións na sede da devandita sala; deberá acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Notifíquese a presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a M. Carmen Pena Moradeira, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 6 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza