Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41376

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de emprazamento (RCD 332/2015).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 1082/2014 desta sección, seguido por instancia de Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Inversiones Comodín, S.L., Laura Estela Ramírez Calderón, Rose Orobor, Luz Julieta Castaño Vargas, Noelia Muñoz Curras, Zury Edilma Benalcazar Paz sobre outros dereitos laborais, foi ditada a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da letrada da Administracion de Justicia M. Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 5 de outubro de 2015.

A anterior certificación da sentenza de contraste alegada pola parte recorrente, expedida polo Tribunal Superior de Xustiza de Las Palmas, únase.

Emprácense ás demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, presentando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, e acreditando a representación da parte se non constar previamente nas actuacións.

Remítase edicto ao Diario Oficial de Galicia para o emprazamento de Laura Estela Ramírez Calderón, Rose Orobor, Luz Julieta Castaño Vargas e Zury Edilma Benalcazar Paz.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Laura Estela Ramírez Calderón, Rose Orobor, Luz Julieta Castaño Vargas e Zury Edilma Benalcazar Paz, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de outubro de 2015