Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41386

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (199/2014).

Mariña García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 199/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Camiña Rubianes contra Portaboa, S.L. sobre ordinario, se ditou a resolución en cuxa parte dispositiva se acorda:

Continuar a presente execución por modificarse as circunstancias que motivaron a suspensión, e continuar esta ata a completa satisfacción da parte executante.

Acórdase o embargo do dereito de crédito que teña Portaboa, S.L. respecto de Imelfa e Hijos, S.L. no PO 303/2015, requiríndose a devandita empresa co fin de que proceda a aboar a devandita cantidade na conta de depósitos e consignacións deste xulgado ata cubrir o importe polo cal se despachou execución nas presentes actuacións 2.589,96 euros de principal e 258 euros de xuros e custas da execución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Portaboa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de outubro de 2015

A secretaria xudicial