Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (230/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 0000230/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Barral Santos contra Esabe Vigilancia, S.A., Forensic Solutions, S.L.P., administrador concursal, Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva expresa:

«Admitindo integramente a demanda interposta por Santiago Barral Santos, contra Esabe Vigilancia, S.A, Forensic Solutions, S.L.P. e o Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada Esabe Vigilancia, S.A. a aboar ao demandante a suma de 1.138,86 euros polos conceptos sinalados no fundamento xurídico cuarto desta resolución, máis o xuro do artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; así como ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante ata o límite máximo de 600 euros; e debo condenar e condeno a Forensic Solutions, S.L.P., na súa soa condición de administradora concursal, a estar e pasar pola devandita declaración.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar do que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (art. 191.2).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Essabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2015

A secretaria xudicial