Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41389

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (194/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 194/2015

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 484/2011

Sobre despedimento

Demandante: Pablo Fernández López

Demandados: Plantel Servicios y Obras, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 194/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Fernández López contra Plantel Servicios y Obras, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Providencia da maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez

En Santiago de Compostela o vinte de outubro de dous mil quince.

Vista a suspensión acordada no día de hoxe da comparecencia sinalada para as 13.45 horas, sinálase novamente para o próximo día 19.11.2015 ás 13.30 horas.

Sirva de citación a notificación da presente resolución e a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, debendo indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “30 social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 social- reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Plantel Servicios y Obras, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2015

Letrada da Administración de xustiza