Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de subministración, instalación e posta en marcha de equipamentos de instrumentación analítica con destino ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo do 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (3 lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 18/2015 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22712

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración, instalación e posta en marcha de equipamentos de instrumentación analítica con destino ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 31682210-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 171.703,55 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 171.703,55 €. Importe total: 207.761,30 €.

6. Dotación por lotes:

a) Lote 1: sistema de extracción acelerada mediante disolventes. Importe neto: 78.146,60 €. Importe total: 94.557,39 €.

b) Lote 2: sistema automático de extracción en fase sólida. Importe neto: 57.156,95 €. Importe total: 69.159,91 €.

c) Lote 3: sistema para a dixestión de mostras e análises de nitróxeno por método Kjeldahl. Importe neto: 36.400 €. Importe total: 44.044 €.

7. Financiamento: cofinanciado nunha porcentaxe máxima do 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 48.

8. Formalización do contrato do lote 1:

a) Data de adxudicación: 23.9.2015.

b) Data de formalización do contrato: 2.10.2015.

c) Adxudicataria: Thermo Fisher Scientific, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 78.100 €; importe total con IVE: 94.501 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

9. Formalización do contrato do lote 2:

a) Data de adxudicación: 4.8.2015.

b) Data de formalización do contrato: 12.8.2015.

c) Adxudicataria: Vertex Technics, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 54.800 €; importe total con IVE: 66.308 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

10. Formalización do contrato do lote 3:

a) Data de adxudicación: 28.8.2015.

b) Data de formalización do contrato: 4.9.2015.

c) Adxudicataria: Instrumentación y Componentes, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 36.350 €; importe total con IVE: 43.983,50 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2015

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas