Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40955

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (991/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 991/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Felipe Gutiérrez Suárez contra Cosmetológicas SB, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditaron a sentenza e auto de aclaración desta cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 495/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 991/2014.

Demandante: Felipe Gutiérrez Fernández.

Letrado: Sra. Muruzábal Pérez.

Demandado: Cosmetológicas SB, S.L.

Fogasa.

Letrado: Sr. Crespi Rodríguez.

A Coruña, 23 de xullo de 2015.

Decisión:

1. Admito a demanda formulada por Felipe Gutiérrez Fernández fronte ao Fogasa e, en consecuencia, condeno este a pagarlle á primeira a suma de 14.880,52 euros en concepto do 40 % da indemnización procedente por despedimento obxectivo.

2. Desestimo a demanda formulada por Felipe Gutiérrez Fernández fronte a Cosmetológicas, S.L. e, en consecuencia, absólvoa das peticións dirixidas fronte a ela.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Número de autos: procedemento ordinario 991/2014.

Demandante: Felipe Gutiérrez Suárez.

Demandados: Cosmetológicas SB, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

Auto:

Xuíz: Javier López Cotelo.

A Coruña, 22 de setembro de 2015.

Parte dispositiva.

– No fundamento de dereito II, onde di: «ao pagamento da cantidade de 14.880,52 euros, que supoñen o 40 % da indemnización», debe dicir: «ao pagamento do 40 % da indemnización procedente ben que cos límites de responsabilidade que para o Fogasa sinala o artigo 33 do ET».

– En decisión da sentenza ditada no presente procedemento, onde di: «a suma de 14.880,52 euros en concepto do 40 % da indemnización procedente por despedimento obxectivo», deberá dicir: «o 40 % da indemnización procedente polo despedimento obxectivo cos límites sinalados no artigo 33 do ET».

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de reforzo da Coruña.

E para que conste e lle sirva de notificación a Cosmetológicas SB, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de setembro de 2015

A secretaria xudicial