Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40958

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (35/2015).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 35/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Antonio Sánchez García contra Caramés Seoane, S.L., Fondo de Garantía Salarial Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 5.

A Coruña.

Reforzo.

Sentenza: 555/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 35/2015.

Demandante: José Antonio Sánchez García.

Letrado: Sr. Pedreira Candal.

Demandada: Caramés Seoane, S.L.

Fogasa.

Sentenza número 555/2015.

A Coruña, 29 de setembro de 2015.

Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Antonio Sánchez García fronte á empresa Caramés Seoane, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, en caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación para aboar pola empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 29.891,43 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 44,30 euros/día.

3º. O Fogasa deberá aterse ao resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse en este xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Caramés Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de setembro de 2015

A secretaria xudicial