Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40960

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (34/2015).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 34/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Miguel Sánchez López contra Caramés Seoane, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña

Sentenza: 556/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 34/2015

Demandante: Luis Miguel Sánchez López

Letrado: Sr. Pedreira Candal

Demandada: Caramés Seoane, S.L.

Fogasa

A Coruña, 29 de setembro de 2015.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Luis Miguel Sánchez López fronte á empresa Caramés Seoane, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que ten que aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 99.472,84 euros.

3º. O Fogasa deberá pasar polo decidido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Social de Reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Caramés Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de setembro de 2015

A secretaria xudicial