Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización da subministración e instalación de tres unidades de estacións robotizadas de pipeteo automático para o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal (expediente 27/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación de tres unidades de estacións robotizadas de pipeteo automático para o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal, para o ano 2015.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22558

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 12 de xuño de 2015, BOE do 20 de xuño de 2015 e DOG núm. 123, do 2 de xullo de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 300.000 €. IVE (21 %): 63.000,00 €. Importe total: 363.000,00 €.

Valor estimado: 300.000 euros.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 20 de agosto de 2015.

b) Adxudicataria: Tecan Ibérica Instrumentación, S.L.

c) Importe: 268.000 € (sen IVE). IVE 21%: 56.280 €. Importe total: 324.280 €.

d) Data de formalización do contrato: 25 de setembro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar