Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización da subministración de chaquetas e pantalóns ignífugos para as brigadas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia, ano 2015 (48/15-I) (expediente 38/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de chaquetas e pantalóns ignífugos para as brigadas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22948.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm.134, do 17 de xullo de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, mediante tramitación documentalmente simplificada. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 206.800,00 €. IVE (21 %): 43.428,00 €. Importe total: 250.228,00 €.

Valor estimado: 206.800,00 €.

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 9 de setembro de 2015.

b) Adxudicataria: Confecciones Oroel, S.A.

c) Importe: 250.044,04 € (sen IVE). IVE (21 %): 43.396,07 €. Importe total: 206.647,97 €.

d) Data de formalización do contrato: 28 de setembro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración (foi a única empresa admitida que chegou á última fase de valoración dos criterios de adxudicación do contrato e cumpre coas especificacións indicadas nos pregos).

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar