Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento dun sistema de información para o almacenamento e xestión da información de concentración parcelaria (fase I) no ámbito da medida 511 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (expediente 27/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento dun sistema de almacenamento e xestión da información das fases dos acordos de concentración parcelaria de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 13.1.2015.

DOUE: 9.1.2015.

BOE: 20.1.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 256.198,35 €.

5. Orzamento base de licitación: 256.198,35 €, máis 53.801,65 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 310.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2.7.2015.

b) Data de formalización do contrato: 4.8.2015.

c) Contratista: UTE Altia Consultores, S.A.-Soluciones y Proyectos de Información, S.L.

d) Importe de adxudicación: 295.275,09 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia