Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40953

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (56/2015)

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 56/2015, deste xulgado do social, seguido por instancia de Melody Valentina Vittini Martínez contra o Fondo de Garantía Salarial, Paraxe Hosteleros, S.L. sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña.

Sentenza: 443/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 56/2015.

Demandante: Melody Valentina Vittini Martínez.

Letrado: Sr. Páramo Sureda.

Demandada: Paraxe Hosteleros, S.L.

Sentenza número 443/2015

A Coruña, 29 de setembro de 2015.

Resolvo:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Melody Valentina Vittini Martínez fronte a Paraxe Hosteleros, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno o último a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, en caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación para aboar pola empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 227,70 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 41,40 euros/día.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a suscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Paraxe Hosteleros, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de setembro de 2015

A secretaria xudicial