Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40490

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (390/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 390/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Martínez Domínguez contra a empresa Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Aticus Ocaña Martín e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que estimando integramente a demanda interposta por Rubén Martínez Domínguez contra Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Aticus Ocaña Martín (administrador concursal de Estructuras Cubafer, S.L.) e o Fogasa, debo condenar e condeno solidariamente as mercantís demandadas Landro Albañilería, S.L. e Estructuras Cubafer, S.L. a que lle aboen ao demandante a suma de 1.243,31 euros polos conceptos analizados no feito probado cuarto desta sentenza, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e condeno as demandadas a que así o recoñezan, acaten e aboen, e ao aboamento dos honorarios de letrado da parte demandante ata o límite máximo de 600 euros; e debo condenar e condeno a Aticus Ocaña Martín na súa soa condición de administrador concursal de Estructuras Cubafer, S.L. a estar e pasar pola devandita declaración.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulte do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Landro Albañilería, S.L. e a Estructuras Cubafer, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2015

A secretaria xudicial