Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40487

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (771/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 771/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Celsa Sánchez Pardiñas contra Celuisma, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), administración concursal Hoteles de Castilla y León, S.A., Hogalia Patrimonial, S.A., Hoteles de Castilla y León, S.A., The Rioseco Business Corporación Sucursal Madrid, S.A., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 383/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución contrato 771/2014, acumulado despedimento 1197/2014.

Demandante: Celsa Sánchez Pardiñas.

Letrado: Sr. Baña Caamaño.

Demandados:

– Celuisma, S.A.

Letrado: Sr. Herruzo Capilla.

– Hoteles de Castilla y León, S.A.

Letrado: Sr. Fernández Hoyos.

– Administración concursal de Hoteles de Castilla y León, S.A.

Letrado:

– Hogalia Patrimonial, S.A.

Letrado:

– The Rioseco Business Corporación Sucursal Madrid, S.A.

Letrado: Sr. Nouche Ferreira.

– Fogasa.

Letrado:

Sentenza: 383/2015.

A Coruña, 24 de setembro de 2015.

Decisión:

Desestimo as accións de resolución de contrato, de reclamación de cantidade e de despedimento formuladas por Celsa Sánchez Pardiñas fronte á empresa Celuisma, S.A., Hogalia Patrimonial, S.A., Hoteles de Castilla y León, S.A. e The Rioseco Business Corporación Sucursal Madrid, S.A. e, en consecuencia:

1. Absolvo as empresas das pretensións dirixidas fronte a elas.

2. Declaro procedente o despedimento da demandante de data de efectos de 20 de agosto de 2014.

3. Condeno a empresa Celuisma, S.A. a pagarlle á traballadora a indemnización que polo despedimento obxectivo corresponde, sen prexuízo da compensación das cantidades que polo dito concepto xa se lle tivesen entregado.

4. O Fogasa e a administración concursal de Hoteles de Castilla y León, S.A. deberán de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Hogalia Patrimonial, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de setembro de 2015

A secretaria xudicial