Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40485

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1298/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1298/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Reboredo Santos contra Caslar Mobiliario, S.L., Miguel Ángel Penas Casal, Noelia Lareo García, Caspen 2008, S.L. e o Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 365/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: resolución de contrato 1298/2014

Demandante: Jesús Manuel Reboredo Santos

Letrado: Sr. Suárez Figueiras

Demandados: Caslar Mobiliario, S.L., Caspen 2008, S.L., Miguel Ángel Penas Casal, Noelia Lareo García e o Fogasa

A Coruña, 10 de setembro de 2015

Decido:

1º. Estimo as accións sobre resolución de contrato e despedimento formuladas por Jesús Manuel Reboredo Santos fronte a Caslar Inmobiliario, S.L., Caspen 2008, S.L., Miguel Ángel Penas Casal e Noelia Lareo García e, en consecuencia:

a) Declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o traballador demandante e os demandados, por causas imputables a estes, condenándoos a aboarlle de forma solidaria a cantidade total de 10.153,42 euros en concepto de indemnización.

b) Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante habido o 4.11.2014 e condeno os demandados a satisfacerlle ao demandante de forma solidaria os salarios desde esa data ata a data da presente resolución a razón de 49,65 euros/día.

2º. Estimo a acción sobre reclamación de cantidade formulada por Jesús Manuel Reboredo Santos fronte a Caslar Inmobiliario, S.L., Caspen 2008, S.L., Miguel Ángel Penas Casal e Noelia Lareo García e, en consecuencia, condeno a todos estes a aboarlle ao primeiro a suma de 11.994,70 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos, así como o xuro de 10 % de mora da dita cantidade nos termos do artigo 29.3 do ET.

3º. O Fogasa deberá pasar polo decidido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Noelia Lareo García, en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para publicar no Diario Oficial de Galicia e colocar no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de setembro de 2015

A secretaria xudicial