Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40483

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (784/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 784/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Mato López contra Celuisma, S.A., Hogalia Patrimonial, S.A., Hoteles Castilla y León, S.A., administración concursal de Hoteles Castilla y León, S.A., The Rioseco Business Corporación Sucursal Madrid, S.A. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 462/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: resolución de contrato 784/2014, acumulado despedimento 73/2015

Demandante: María Mato López. Letrado: Sr. Baña Caamaño

Demandados:

Celuisma, S.A. Letrado: Sr. Herruzo Capilla

Hoteles Castilla y León, S.A. Letrado: Sr. Fernández Hoyos

Administración concursal de Hoteles Castilla y León, S.A.

Hogalia Patrimonial, S.A.

The Rioseco Business Corporación Sucursal Madrid, S.A. Letrado: Sr. Nouche Ferreira

Fogasa

A Coruña, 24 de setembro de 2015

Decisión:

– Desestimo as accións de resolución de contrato, de reclamación de cantidade e de despedimento formuladas por María Mato López fronte á empresa Celuisma, S.A., Hogalia Patrimonial, S.A., Hoteles Castilla y León, S.A. e The Rioseco Business Corporación Sucursal Madrid, S.A. e, en consecuencia:

1º. Absolvo as empresas das pretensións dirixidas fronte a elas.

2º. Declaro procedente o despedimento da demandante de data de efectos do 20.8.2014.

3º. Condeno a empresa Celuisma, S.A. a pagar á traballadora a indemnización que polo despedimento obxectivo corresponde, sen prexuízo da compensación das cantidades que polo dito concepto xa se lle tivesen entregado.

4º. O Fogasa e a administración concursal de Hoteles Castilla y León, S.A. deberán de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Hogalia Patrimonial, S.A., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de setembro de 2015

A secretaria xudicial