Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40482

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (891/2014).

Eu, María Lago Rivero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia, por este edicto se lle notifica á demandada Maria Christine Gomes Figueiras a sentenza ditada no presente procedemento, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza. En Vigo o 27 de abril de 2015.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta cidade e o seu partido xudicial, os autos de xuízo verbal nº 891/2014 promovidos por Mafari Café, S.L., representada polo procurador dos tribunais José Fernández González e asistida polo letrado Pablo Cuiñas Rodríguez, contra Mª Christine Gomes Figueiras, en rebeldía procesual, autos dos cales resulta o seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Mafari Café, S.L., representada polo procurador dos tribunais José Fernández González, contra Mª Christine Gomes Figueiras, en rebeldía procesual, e condeno a citada demandada a satisfacerlle á demandante a cantidade de catro mil catrocentos vinte e un euros (4.421 euros) máis os xuros legais e as custas.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor, no prazo de vinte días, recurso de apelación ante este xulgado, do cal coñecerá, de ser o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta miña sentenza, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Vigo, 1 de setembro de 2015

A secretaria xudicial