Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de servizos.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número do expediente: 2015-SEXU 16-17-18-19-EM.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22064
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición: servizo da asistencia pericial aos órganos da Administración de xustiza de Galicia (4 lotes).
c) División por lotes e número de lotes: catro.
Lote 1: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia da Coruña.
Lote 2: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Lugo.
Lote 3: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Ourense.
Lote 4: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Pontevedra.
d) CPV: 71319000-7. Servizo de peritaxe.
e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.
f) Data de publicación do anuncio de licitación: 12 de marzo de 2015.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato para os catro lotes: 512.396,70 €.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 256.198,35 €.
Importe total: 310.000,00 €, desagregado por lotes do seguinte xeito:
Lote 1: 175.386,30 €.
Lote 2: 43.006,96 €.
Lote 3: 20.406,48 €.
Lote 4: 71.200,26 €.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: lote 1: 4 de xuño de 2015.
b) Data de formalización do contrato: lote 1: 16 de setembro de 2015.
c) Contratista: Eurovaloraciones, S.A.
d) Importe de adxudicación: lote 1: 175.386,30 €.
e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza