Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40465

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 9 de outubro de 2015 de modificación da Orde do 10 de agosto de 2015 pola que se modifican os concertos educativos con centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e formación profesional.

En virtude da Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 10 de agosto de 2015 modifícanse os concertos educativos con centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional (Diario Oficial de Galicia núm. 155, do 17 de agosto), aprobados pola Orde do 9 de agosto de 2013.

No anexo I.d) da devandita orde, relativo ás modificacións no concerto de ciclos formativos de grao medio de formación profesional, advertiuse un erro material que é necesario rectificar.

En consecuencia, de conformidade coa Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 14 de febreiro de 2013 (DOG núm. 62, do 1 de abril) pola que se establecen as normas para a aplicación, a partir do curso académico 2013/14, do réxime de concertos educativos previstos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, e en aplicación do artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

Primeiro. Corrixir o erro advertido no anexo I.d) da Orde do 10 de agosto de 2015 engadindo á modificación publicada para o centro privado concertado Colegio Hogar Afundación de Vigo a que se inclúe como anexo desta orde.

Segundo. Esta orde terá efectos económico e administrativos do 1 de setembro de 2015.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Código

Denominación

Concello

Provincia

Modificación

36011609

Colegio Hogar Afundación

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso de Instalacións de Telecomunicacións.

Suprimir o concerto do 2º curso de Equipos Electrónicos de Consumo.