Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40462

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de setembro de 2015 pola que se fai pública a oferta educativa das ensinanzas deportivas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2015/16.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, dispón que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, o desenvolven, e das facultades que lle atribúe ao Estado o artigo 149.1.30 da Constitución.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, no seu artigo 63, determina que as ensinanzas deportivas teñen como finalidade preparar o alumnado para a actividade profesional en relación cunha modalidade ou especialidade deportiva, así como facilitar a súa adaptación á evolución do mundo laboral e deportivo e á cidadanía activa.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial e na súa disposición transitoria segunda, punto 1, indica que ata que non se creen os novos títulos e ensinanzas nas modalidades e especialidades baloncesto, balonmán, deportes de escalada, deportes de inverno e fútbol, que foron establecidos ao abeiro do disposto no Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, impartiranse conforme o previsto nos reais decretos que crearon os respectivos títulos e ensinanzas mínimas. Igualmente, na súa disposición transitoria terceira, punto 2, indícanse as normas que seguirán vixentes para o desenvolvemento destas ensinanzas, mentres non se publiquen outras que as substitúan.

En consecuencia, tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e de conformidade coa proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Actualización da oferta

Publícase a oferta educativa de ensinanzas deportivas a partir do curso 2015/16 en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.

Artigo 2. Número mínimo de solicitudes

A posta en funcionamento destes estudos estará condicionada á existencia dun mínimo de dez alumnos/as matriculados/as na correspondente modalidade deportiva. A condición desta ratio mínima exixida debe poñerse en coñecemento do alumnado no momento da solicitude de matrícula.

Disposición adicional única. Autorización e matrícula

Sen prexuízo do establecido no artigo 2 desta orde, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar, motivada e excepcionalmente, aquelas ensinanzas que non acaden o citado número mínimo de solicitudes de matrícula. Mentres non se dispoña desta autorización non se poderá formalizar matrícula ningunha.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarias para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Centros

Ensinanzas

Código

Denominación

Concello

Provincia

Código

Denominación

15005749

IES Universidade Laboral

Culleredo

A Coruña

XM01003

XS01003

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en fútbol

27006541

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

Lugo

Lugo

XM01005

XS01005

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en atletismo

27007259

IES Río Cabe

Monforte de Lemos

Lugo

XM01003

XS01003

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en fútbol

32015050

CIFP A Farixa

Ourense

Ourense

XM01004

XS01004

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en fútbol sala

36006717

IES Sánchez Cantón

Pontevedra

Pontevedra

XM01003

XS01003

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en fútbol

36006717

IES Sánchez Cantón

Pontevedra

Pontevedra

XM01006

XS01006

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en balonmán

36013771

IES Fermín Bouza Brey

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

XM01007

XS01007

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en baloncesto

36018999

IES As Barxas

Moaña

Pontevedra

XM01005

XS01005

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en atletismo

36002359

IES Antón Losada Diéguez

A Estrada

Pontevedra

LM01006

LS01006

Ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en salvamento e socorrismo