Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40467

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Orde do 13 de outubro de 2015 pola que se determina a adscrición dos órganos dependentes da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes e da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

Advertidos erros na citada orde publicada no DOG núm. 198, do 16 de outubro de 2015, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 40283, no número 2, onde di: «Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agrarias», debe dicir: «Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias».

Na mesma páxina, cómpre substituír o número 3 polo seguinte: «3. Os órganos de dirección adscritos á nova Consellería do Medio Rural e os seus órganos dependentes manterán a súa estrutura e funcións, regulada no Decreto 132/2014, do 2 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, ata que se proceda ao desenvolvemento do decreto de estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural».