Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39586

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e citación en terzaría de dominio (94/2015-1).

TCD terzaría de dominio 94/2015 0001

Procedemento orixe: execución de títulos xudiciais 94/2015

Sobre despedimento

Demandante: Santander Consumer Renting, S.L.

Procurador: José Paz Montero

Demandados: Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Raul Ramón Buján Olveira, Fogasa Fondo de Garantía Salarial

Avogados: Rafael Gaisse Fariña, Rosa María Martínez Ferreiro, Fogasa

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de terzaría de dominio 94/2015-1 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santander Consumer Renting, S.L. contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Raúl Ramón Buján Olveira, Fogasa Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, foron ditadas as seguintes resolucións:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, vinte e nove de setembro de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Por Decreto do 11.5.2015 ditado no procedemento ETX 94/2015 acordouse o embargo dos bens das coexecutadas Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J y M. Fernández, S.L. e SS Fernández Concesionario, S.L., entre os cales se encontraban os vehículos marca Hyundai, modelo I 30, con matrículas 4212 HTK e 0388 HNW, que segundo indagación patrimonial efectuada figuraban como propiedade da coexecutada SS Fernández Concesionario, S.L.

Segundo. Santander Consumer Renting, S.L., na súa calidade de terceiro, presentou escrito que tivo entrada no xulgado decano no 23.7.2015 e neste xulgado no 29.9.2015, invocando o dominio dos seguintes bens: vehículos marca Hyundai, modelo I 30, con matrículas 4212 HTK e 0388 HNW embargados nas actuacións ETX 94/2015, como propiedade da coexecutada SS Fernández Concesionario, S.L.; únase o escrito e déase traslado deste a todas as partes comparecidas na ETX 94/2015.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 595 da LAC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, que, respecto da lexitimación para interpor terzaría de dominio, poderá instala quen, sen ser parte na execución, afirme ser dono dun ben embargado como pertencente ao executado e que non o adquiriu deste unha vez trabado o embargo. Igualmente, poderán interpor terzarías para o levantamento do embargo os que sexan titulares de dereitos que, por disposición legal expresa, poidan oporse ao embargo ou á realización forzosa dun ou varios bens embargados como pertencentes ao executado.

O requisito lexitimador do terceirista cúmprese no presente caso, polo que procede a admisión da devandita solicitude.

Segundo. Conforme o disposto no artigo 260.2 da LXS, para a admisión da solicitude de terzaría de dominio será necesario que á solicitude se acompañe título en que se funde a pretensión cunha anticipación á data sinalada para a celebración da poxa non inferior a quince días, o que acontece no presente caso.

Admitida a solicitude, conforme o punto 3º, seguirase o trámite incidental regulado nesta lei e suspenderanse as actuacións relativas á liquidación dos bens discutidos ata a resolución do incidente.

Terceiro. Dispón o artigo 238 da LXS que as cuestións incidentais que se promovan en execución se tramitarán citando de comparecencia, no prazo de cinco días, as partes, que poderán alegar e probar canto ao seu dereito conveña, concluíndo por auto ou, se for o caso, por decreto, que se deberán ditar no prazo de tres días.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño:

1. Admitir a trámite a solicitude de terzaría de dominio presentada respecto dos bens embargados vehículos marca Hyundai, modelo I 30, con matrículas 4212 HTK e 0388 HNW, con suspensión das actuacións de execución relativas a este, ata a resolución do presente incidente; para tal efecto lévese testemuño da presente resolución ao procedemento principal de execución de que dimana esta peza separada (ETX 94/2015).

2. Déase traslado dos autos á secretaria xudicial para proceder á sinalización para a celebración da comparecencia prevista no artigo 238 da LXS, unha vez consultada a axenda de sinalizacións deste xulgado.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnala: mediante recurso de reposición que se presentará dentro dos tres días hábiles seguintes ao de notificación, que só coa súa interposición non suspenderá a executividade do que se acorda (artigo 186.1 da LXS).

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza                         A secretaria xudicial».

«Dilixencia de ordenación:

Secretaria xudicial María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela a vinte e nove de setembro de dous mil quince.

1. Segundo o acordado por S.S ª en auto ditado no día da data, consultada a axenda de sinalizacións deste xulgado para os efectos de sinalar incidente de execución do artigo 238 da LRXS para celebración de vista da terzaría, sinálase para iso o próximo día 15.10.2015 ás 13.15 horas.

2. Cítense as partes e o terceirista, que deberán comparecer con todos os medios de proba de que se tenten valer.

3. A citación ás coexecutadas Talleres J. y M. Fernández, S.L. e SS Fernández Concesionario, S.L. verificarase por medio de edicto que se publicará no DOG, tendo en conta que as devanditas entidades se achan en ignorado paradoiro.

4. A citación ao terceirista e ás demais partes comparecidas na execución entenderase practicada coa notificación da presente resolución.

5. Conforme o acordado por S.S.ª en auto do día da data, suspéndense as actuacións relativas á execución dos bens discutidos até a resolución do incidente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial»

E para que sirva de notificación en legal forma e citación ás coexecutadas Talleres J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

A secretaria xudicial