Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39590

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (219/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 219/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Isabel Agra Amado contra Gallega de Servicios Despiece, Reparto y Restauración, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou sentenza número 282 cuxos encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vendo os presentes autos número 219/2015, promovidos ante este xulgado do social sobre despedimento, por instancia de Lorena Isabel Agra Amado, asistida e representada polo letrado José Benito Vidal Rey contra Gallega de Servicios Despiece, Reparto y Restauración, S.L., que non comparece, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, ditou esta sentenza.

(…)

Resolvo

Que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto a demandante con efectos do 4 de febreiro de 2015 e condeno a empresa a optar no prazo de cinco días, ou ben pola readmisión da demandante co aboamento dos salarios de tramitación ou ben, á escolla do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 527,73 euros. Condeno a demandada ao aboamento das custas procesuais con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros. Condeno o Fogasa a aterse a esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS.

Esta opción deberá exercerse no termo de 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo, sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2015

A secretaria xudicial