Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39592

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1264/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1264/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel González Blanco contra Placas Balsán, S.L., Miguel Ángel Baldomir Sánchez, Imadeco Soluciones Integrales, S.L., Luis Alberto Baldomir Sánchez sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 529/2015

Juez: Javier López Cotelo

Procedimiento: despido 1264/2014

Demandante: José Manuel González Blanco

Letrado: Sr. Pedreira Candal

Demandado:

– Miguel Ángel Baldomir Sánchez

Letrado:

– Luis Alberto Baldomir Sánchez (comparece por si mesmo)

Letrado:

– Placas Balsán, S.L.

Letrado:

– Imadeco Soluciones Integrales, S.L.

Letrado:

Fogasa

Sr. Crespi Rodríguez

Sentencia 529/2015

A Coruña, 16 de setembro de 2015

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Manuel González Blanco contra a empresa Imadeco Soluciones Integrales, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 7.535,72 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 43,94 euros/día.

3º. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada polo demandante fronte á empresa Placas Balsán, S.L., Miguel Ángel Baldomir Sánchez e Luis Alberto Baldomir Sánchez e, en consecuencia, absólvoos de todas as peticións dirixidas contra eles.

4º. O Fogasa débese ater ao disposto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Imadeco Soluciones Integrales, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 16 de setembro de 2015

A secretaria xudicial