Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39584

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (194/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 194/2015

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 484/2011

Sobre despedimento

Demandante: Pablo Fernández López

Demandados: Plantel Servicios y Obras, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 194/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Fernández López contra Plantel Servicios y Obras, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación

Secretaria xudicial María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, vinte e un de setembro de dous mil quince.

Únase á anterior dilixencia negativa de citación da parte executada realizada na persoa da súa administradora única polo SCACE co resultado que consta en autos.

Despois de realizar unha indagación domiciliaria a través do punto neutro xudicial, constátase que o único domicilio que consta en todas as bases de datos a que este xulgado ten acceso é aquela en que o intenta o SCACE.

Visto o estado das actuacións, suspéndese a comparecencia sinalada para o día 22.9.1205 e sinálase novamente para o próximo día 20.10.2015 ás 13.45 horas, e ante a imposibilidade de descubrir novos domicilios nin da entidade executada Plantel Servicios y Obras, S.L. nin da súa administradora única, cítese novamente no domicilio que consta e cautelarmente cítese a través da publicación de edictos no DOG.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente a contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Plantel Servicios y Obras, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2015

A secretaria xudicial