Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39578

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (584/2014).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 584/2014 desta sección, seguido por instancia de Asepeyo, mutua de AT e EP da seguridade social número 151, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones Ferar, S.L. e José Sousa Cardoso, sobre accidente de grao, se ditou sentenza con data do 10 de xullo de 2015, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación presentado pola mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais Asepeyo contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 de Ourense, con data do 25 de setembro de 2013, en autos 476/2013, sobre incapacidade permanente derivada de accidente de traballo, instados pola citada Mutua fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Construcciones Ferar, S.L. e José Sousa Cardoso, confirmamos a sentenza de instancia, con imposición das custas do recurso á Mutua recorrente, incluído o importe dos honorarios do letrado do traballador impugnante do recurso, na contía de 550 euros. Débese dar aos depósitos e consignacións o destino legal correspondente.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Construcciones Ferar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de setembro de 2015

A secretaria xudicial