Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39576

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4022/2014-BB).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 4022/2014-BB, seguido por instancia de Asepeyo, mutua de AT e EP da seguridade social número 151, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, P17 Telecomunicaciones, S.L., Gueye Modou Khary, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución que, copiada nos seus particulares necesarios, di así:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación presentado por Asepeyo, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da seguridade social número 151, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña, en xuízo instado por Modou Khary Gueye contra a recorrente, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa P17 Telecomunicaciones, S.L., a Sala confírmaa integramente. Dáse ao depósito e consignación, de ser o caso, o destino regulamentario e condénase a recorrente a aboar á letrada impugnante do recurso a cantidade de 601 euros en concepto de honorarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a P17 Telecomunicaciones, S.L., en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de setembro de 2015

A secretaria xudicial