Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39580

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (170/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 170/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Agrelo Baldomir contra Auto Arte Galicia, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou resolución cuxa parte dispositiva di:

Dispoño:

Ter por desistido a Miguel Agrelo Baldomir da súa demanda fronte a Auto Arte Galicia, S.L. e Fogasa, en materia de despedimento.

Arquivar as actuacións, unha vez que sexa firme esta resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Auto Arte Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de setembro de 2015

A secretaria xudicial