Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39214

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1137/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1137/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Pardiño Castro contra Servipertu, S.L.U., Limco, Sociedade Cooperativa Galega, o Fogasa e o Concello de Cambre, sobre ordinario, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 1 da Coruña.

Reforzo.

Sentenza: 357/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 1137/2014.

Demandante: Javier Pardiño Castro.

Graduada: Sra. Gómez Lozano.

Demandados:

– Servipertu, S.L.U.

Letrado: Sra. Vale Santos.

– Limco, Sociedade Cooperativa Galega.

– Concello de Cambre.

Letrado: Fernández Maestre.

A Coruña, 31 de xullo de 2015.

Resolución:

a) Estimo parcialmente a demanda formulada por Javier Pardiño Castro fronte a Servipertu, S.L. e Limco, Sociedade Cooperativa Galega e, en consecuencia, condeno estas a pagarlle ao primeiro solidariamente a suma de 3.984,01 euros en concepto de salarios debidos, así como o 10 % de xuros da devandita suma.

b) Desestimo a demanda formulada por Javier Pardiño Castro fronte ao Concello de Cambre.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada-xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Limco, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de setembro de 2015

A secretaria xudicial