Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39216

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (439/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 439/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Cogal Tres, C.B., o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, María Antonia Cruz Arias e Miguel Rivas Cruz, sobre seguridade social, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Reforzo.

Sentenza: 367/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: seguridade social 439/2013.

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Letrada: Sra. Vidal Rodríguez.

Demandados:

– INSS e TXSS.

Letrada: Sra. Pardo Costas.

– María Antonia Cruz Arias, Miguel Rivas Cruz, Cogal Tres, C.B.

A Coruña, 10 de setembro de 2015.

Resolución:

Estimo parcialmente a demanda formulada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, e

1. Condeno a Cogal Tres, C.B., María Antonia Cruz Arias e Miguel Rivas Cruz como responsables directos ao aboamento dos gastos da asistencia sanitaria e pagamento delegado de IT prestada ao traballador Iván Teijeiro Prieto derivados do accidente de traballo acontecido o día 17.11.2008 e que ascende á suma total de 572,07 euros, cantidade que deben reintegrar á Mutua sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que, se é o caso, puidese recaer no Instituto Nacional da Seguridade Social e na Tesouraría Xeral da Seguridade Social de acordo co artigo 126 LXSS.

2. Condeno o INSS como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, e só para o caso de insolvencia da empresa, ao pagamento á Mutua da suma de 357,36 euros en concepto de gastos de asistencia sanitaria unha vez excluído o pagamento delegado de IT realizado pola empresa acreditado en relación co accidente de traballo que nos ocupa.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado-xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Cogal Tres, C.B., María Antonia Cruz Arias e Miguel Rivas Cruz, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de setembro de 2015

A secretaria xudicial