Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39218

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1298/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1298/2014 deste xulgado do social, seguido a instancia de Jesús Manuel Reboredo Santos contra Caslar Mobiliario, S.L., Miguel Ángel Penas Casal, Noelia Lareo García, Caspen 2008, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Reforzo.

Sentenza: 365/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 1298/2014.

Demandante: Jesús Manuel Reboredo Santos.

Letrado: Sr. Suárez Figueiras.

Demandados:

– Caslar Mobiliario, S.L.

– Caspen 2008, S.L.

– Miguel Ángel Penas Casal.

– Noelia Lareo García.

Fogasa.

Sentenza 365/2015.

A Coruña, 10 de setembro de 2015.

Resolución:

1º. Estimo as accións sobre resolución de contrato e despedimento formuladas por Jesús Manuel Reboredo Santos fronte a Caslar Inmobiliario, S.L, Caspen 2008, S.L., Miguel Ángel Penas Casal e Noelia Lareo García e, en consecuencia:

a) Declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o traballador demandante e os demandados, por causas imputables a estes, condenándoos a aboarlle de forma solidaria a cantidade total de 10.153,42 euros en concepto de indemnización.

b) Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante habido o 4.11.2014 e condeno os demandados a satisfacer ao demandante, de forma solidaria, os salarios desde esa data ata a data da presente resolución a razón de 49,65 euros día.

2º. Estimo a acción sobre reclamación de cantidade formulada por Jesús Manuel Reboredo Santos fronte a Caslar Inmobiliario, S.L., Caspen 2008, S.L., Miguel Ángel Penas Casal e Noelia Lareo García e, en consecuencia, condeno a todos estes a aboar ao primeiro a suma de 11.994,70 euros en concepto de salarios percibidos e non satisfeitos, así como o xuro do 10 % de demora da devandita cantidade nos termos do artigo 29.3 ET.

3º. O Fogasa deberá avirse ao decidido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Caslar Mobiliario, S.L., Miguel Ángel Penas Casal, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de setembro de 2015

A secretaria xudicial