Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39212

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (914/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 914/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Muíño Hermida contra Prefabricación y Montajes del Norte, S.A., Commain, S.A. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 1 da Coruña

Reforzo

Sentenza: 356/2015

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 914/2014.

Demandante: Marcos Muíño Hermida.

Graduado: Sr. Nogueira Esmoris.

Demandados:

– Prefabricación y Montajes del Norte, S.A.

Letrado: Sr. López Núñez.

– Commain, S.A.

– Fogasa

Letrado: Sr. Crespi.

A Coruña, 31 de xullo de 2015

Resolución

a) Estimo parcialmente a demanda formulada por Marcos Muíño Hermida fronte a Prefabricación y Montajes del Norte, S.A. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 75,58 euros en concepto de vacacións devindicadas e non gozadas.

b) Desestimo a demanda formulada por Marcos Muíño Hermida fronte a Commain, S.A.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Commain, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de setembro de 2015

A secretaria xudicial