Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39209

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (368/2015).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 368/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Carlos Sánchez Miras contra As Torres, S.L. Complejo Hotelero El Bosque, N.C. Hermanos, S.L., Incogal, S.L., Freixomil, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 1 da Coruña

Reforzo

Sentenza: 363/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 368/2014

Demandante: José Carlos Sánchez Miras

Letrado: Sr. Martínez Ramonde

Demandados:

– As Torres, S.L.

– Complejo Hotelero El Bosque

– N.C. Hermanos, S.L.

– Incogal, S.L.

– Freixomil, S.L.

Letrado:

Fogasa

A Coruña, 6 de agosto de 2015.

Resolución

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Carlos Sánchez Miras fronte á empresa N.C. Hermanos, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste fallo. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que ten que aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 47.868,15 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 47,63 euros/día.

3º. Condeno a empresa N.C. Hermanos, S.L. a aboar ao demandante a suma de 714,45 euros en concepto de prazo de aviso previo non concedido.

4º. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por José Carlos Sánchez Miras fronte ás empresas As Torres, S.L., Complejo Hotelero El Bosque, Incogal, S.L. e Freixomil, S.L. e, en consecuencia, absólvoos das peticións dirixidas fronte a elas.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación As Torres, S.L., Complejo Hotelero El Bosque, N.C. Hermanos, S.L., Incogal, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de setembro de 2015

A secretaria xudicial