Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38645

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4697/2014).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 4697/2014

Xulgado de orixe/autos: demanda 328/2010 Xulgado do Social número 5 de Vigo

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Segunda desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 4697/2014 desta sección, seguido por instancia de Luis Alberto Acuña Dopazo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, e Andes Mobel Avenida de Lugo, S.L., sobre incapacidade temporal, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Mónica Díaz Rey, que actúa en nome e representación de Luis Alberto Acuña Dopazo, contra a sentenza do 30 de xullo de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, en autos 328/2010, seguidos por instancia da recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social, Mutua Fremap, e a empresa Andes Mobel Avenida de Lugo, S.L., sobre incapacidade temporal, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Andes Mobel Avenida de Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de setembro de 2015

A secretaria xudicial