Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38643

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2589/2014).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 2589/2014

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 477/2011 do Xulgado do Social número 3 da Coruña

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento recurso suplicación 2589/2014-S-A desta sección, seguido por instancia de Guadalupe Corrales Mateos contra a empresa Sanyres European Care I, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos:

Que con desestimación do recurso de suplicación interposto pola demandante Guadalupe Corrales Mateos, contra a sentenza do 30 de decembro de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 3 desta capital, en autos seguidos sobre reclamación de cantidades por instancia da referida recorrente, fronte á empresa demandada Sanyres European Care I, S.L, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Sanyres European Care I, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xullo de 2015

A secretaria xudicial