Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38647

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (676/2014).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 676/2014

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 649/2012 Xulgado do Social número 3 de Vigo

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Segunda desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 676/2014 desta sección, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Santiago Moral Alves e contra as empresas Planitec, S.L. e G3 Retail, S.L., sobre xubilación, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos:

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola letrada da Seguridade Social, que actúa en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do 2 de outubro de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, en autos 649/2012, seguidos por instancia de Santiago Moral Alves contra a recorrente, a TXSS e as empresas Planitec, S.L. e G3 Retail, S.L., declaramos a nulidade da sentenza de instancia, polo que repoñemos as actuacións ao momento previo a se ditar esta, para que a xuíza que coñeceu do acto do xuízo oral dite nova resolución en que responda a todas as cuestións litixiosas suscitadas.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Planitec, S.L. e G3 Retail, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de setembro de 2015

A secretaria xudicial