Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38649

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (1611/2014).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1611/2014 desta sección, seguido por instancia da Aseguradora Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Hierros y Hormigones del Noroeste, S.L., INSS, TXSS e administración concursal de Hormigones del Noroeste, sobre dereitos de seguridade social, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvemos que estimamos o recurso de suplicación formulado por Mutua Gallega contra a sentenza ditada o 22 de novembro de 2013 polo Xulgado do Social número 1 da Coruña en autos número 226/2013 sobre responsabilidade patronal por infracotización contra INSS, TXSS e a empresa Hormigones del Noroeste, S.L., e con revogación da dita resolución acollemos a demanda reitora dos autos e, en consecuencia, condenamos a empresa Hormigones del Noroeste, S.L. a que lle aboe á demandante a suma de dez mil douscentos un euros con setenta e seis céntimos (10.201,76 €), e declaramos a responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social para o caso de insolvencia da empresa.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Hierros y Hormigones del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xullo de 2015

A secretaria xudicial