Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38651

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (169/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 169/2015

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 252/2015

Sobre despedimento

Demandante: Rosa María Argibay Piay

Graduada social: Ana Belén Durán Fernández

Demandados: Perfecto Cordo Fernández, Fogasa

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 169/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Argibay Piay contra a empresa Perfecto Cordo Fernández, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Dispoño despachar orde xeral de execución de sentenza a favor da parte executante, Rosa María Argibay Piay, fronte a Perfecto Cordo Fernández, parte executada, por importe de 9.856,90 euros en concepto de principal, máis outros 985,70 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Perfecto Cordo Fernández, co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Perfecto Cordo Fernández, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de setembro de 2015

A secretaria xudicial