Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38401

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (37/2015).

Mariña García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento PO 37/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lahcen Sahamoudi contra o Fondo de Garantía Salarial, Galisec, S.L.U., Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., ditouse sentenza o 9.7.2015, cuxa resolución é a que segue:

«Que estimo a demanda interposta por Lahcen Sahamoudi fronte ás empresas Galisec, S.L.U. e Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrados e condeno as demandadas a que, de forma solidaria, aboen ao demandante a cantidade de 6.095,48 euros, co 10 % de xuro por demora ex artigo 29.3 do ET sobre as cantidades de natureza salarial.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, debendo anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, debendo consignar o recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación “Depósitos e consignacións”, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de setembro de 2015

A secretaria xudicial