Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38400

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (16/2013).

Manuel Rodríguez Zarraquiños, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, polo presente anuncio:

No xuízo verbal nº 16/2013 seguido a instancia de Escayolas Basilio, S.L., fronte a José Antonio Pérez Pérez, en nome e representación de Proyectados Lobios, S.L., ditouse sentenza o 6 de marzo de 2013, que é firme, cuxo teor literal é o seguinte:

«Vistos por min, Eva María Martínez Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 con competencia mercantil de Ourense, os presentes autos do xuízo verbal rexistrados co número de 16/2013, seguidos ante este xulgado entre partes, instados pola procuradora Sonia Ogando Vázquez, en nome e representación da mercantil Escayolas Basilio, S.L., contra José Antonio Pérez Pérez, que compareceu por si mesmo dada a contía do procedemento, sobre acción de responsabilidade do administrador social, ditou a seguinte sentenza».

(Continúan antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

«Decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora Sonia Ogando Vázquez, en nome e representación de Escayolas Basilio, S.L., fronte a José Antonio Pérez Pérez, debo condenar e condeno a José Antonio Pérez Pérez a aboar á demandante a cantidade de 2.000 euros por todos os conceptos debidos.

Sen especial imposición das custas causadas».

E encontrándose o devandito demandado, José Antonio Pérez Pérez, en representación de Proyectados Lobios, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 11 de setembro de 2015

O secretario xudicial