Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración dun equipo de cromatografía líquida con detector de espectometría de masas destinado ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo do 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 6/2015 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22038

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministro.

b) Descrición: subministración dun equipo de cromatografía líquida con detector de espectometría de masas destinado ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 38432200-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado do contrato: 243.801,50 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto 243.801,50 €, importe total 294.999,82 €.

6. Financiamento: cofinanciado ata un máximo do 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 48.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12.8.2015.

b) Data de formalización do contrato: 15.9.2015.

c) Adxudicataria: Thermo Fisher Scientific, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: importe neto 239.681,00 €; importe total con IVE 290.014,01 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas